Esta será a banda sonora que nos acompañará neste percorrido que comeza o martes 24.
Goza coa música en galego.
Esta será a banda sonora que nos acompañará neste percorrido que comeza o martes 24.
Goza coa música en galego.
Se tes dúbidas de onde se pode atopar un libro na biblioteca, consulta o cadro que recolle a CDU.
Moito nos gusta no Aquis traballar a oralidade. E á nosa rapazada tamén: pásao ben e goza coa lingua.
E ademais, acabamos sendo recoñecidos cun dos premios do concurso que organiza a AS-PG. Que máis podemos pedir?
Parabéns a todos os participantes, pero sobre todo a Ingrid, de 3º da ESO, gañadora do 2º premio
A biblioteca é demasiado pequena para acoller todo o alumnado que a visita.
Para facermos compatible o xogo e o estudo, trasladamos a zona de xogo ao corredor contiguo.
Ven á bibliote, colle o xadrez, xoga e …………….. ao rematar o recreo volves traelo á BIBLIO
Un ano máis traemos as regueifas ao noso centro.
Que ben o pasou a rapazada de 1º ESO con Lupe Branco
Como non podía ser doutra maneira, desde a BIBLIO escribimos contra a violencia.
As rapazas e rapaces do CLUB de lectura dedicamos a xornada de hoxe a textos que reflicten a violencia de xénero, aquela que se ve e a que non se ve; ou que reflicten as respostas contra esa violencia.
E quixeron escoller aqueles versos ou fragmentos máis significativos.
Sempre é preciso abrir os ollos, manterse alerta e interpretar todos os sinais.
O alumnado de bacharelato puido asistir a dous espectaculos teatrais progamados pola Concellaría de Igualdade do Concello
Neste mes, BIBLIOTECA sumouse ás actividades deseñadas para recordar o accidente do Prestige.
A nosa rapazada, que aínda non nacera, puido coñecer de primeira man, a través dos organizadores da cadea humana como se vivira no centro os meses posteriores ao afundimento do barco.
O alumnado de 1º bacharelato asistiu á función de NEVERMORE, o espectáculo con que Chévere recorda a catástrofe.
Este mesmo alumnado foi o que serviu de guía da exposición para o alumando da ESO.
Que importante á dar a coñecer a nosa historia
Gústache ler? Pois este é o teu club!
Volvemos a reunirnos! Un martes de cada 2 semanas trae a túa comida para compartirmos lecturas e impresións.
Estes son os primeiros libros que propoñemos!
Anímate e ven ler historias de medo á biblioteca.
De paso, podes mirar o noso expositor, seguro que algunha lectura che interesa para levar para a casa
Este curso si!!!
Podes vir á biblio e podes quedar alí …
… para ler,
… para coller un libro
… para xogar
… para facer as tarefas.
Canta falta nos fai un espazo máis amplo!!!!!
Un día espléndido para descubrir as letras e a arte por terras lucenses!!
O alumnado de 1º ESO visitou a cidade de Lugo e paseou pola muralla romana, pero antes fixeron unha visita á casa na que naceu o poeta Manuel María e recitaron os seus poemas.
Para rematar, foron ata a Prehistoria para ver o impresionante castro de Viladonga.
Moito nos gusta descubrir a pegada dos nosos escritores nos lugares que hoxe andamos! Desta volta tocoulle ao alumnado de 4ºESO mergullarse na figura de Castelao.
Comezando por unha visita ao Museo Castelao, descubriron o Castelao pintor, o debuxante, o caricaturista, o político, o artista, o comprometido…, en fin, ese Castelao polifacético ou poliédrico, figura indispensable da nosa cultura e da nosa historia.
A seguir, foron eles e elas mesmos os encargados de descubrir os vínculos do autor coa cidade que o acolleu nos anos previos á guerra a través das súas prazas, das rúas, dos cafés… e presentárllelo ao resto dos compañeiros despois dun traballo de investigación e busca de información dirixido polo seu profe de Lingua -Anxo-.
Con certeza, ademais de gozar dun agradable paseo pola cidade, todos e todas volveron ás súas casas cun pouco máis de coñecemento da nosa historia.
“As pegadas de Rosalía en Compostela” foi o roteiro que realizou o alumnado de 3º da ESO e que os levou desde a Alameda ata o Bosque do Banquete de Conxo, pasando por Bonaval e as beiras do río Sar. Un fermoso paseo que lles fixo descubrir entre outras cousas: as portas de Compostela, o antigo Hospital Real, a figura de Alfredo Brañas, o Panteón de galegos ilustres, a resonancia do arco de Xelmirez…
A visita completouse coa última residencia de Rosalía, a casa da Matanza, en Padrón.
Un día ben completo no que ademais aprenderon a orientarse polas rúas, recitaron poemas, entrevistaron os viandantes, admiraron a arte en pedra e… gozaron arredor da poesía.
Retomamos a Semana da ciencia no Paseo de Caldas.
Xunto cos outros centros da vila, o noso alumnado puido achegar a ciencia á vida cotiá.
Detrás hai moito traballo e moito entusiasmo
Parabéns ás rapazas e rapazas, aos departamentos de ciencias e a quen fai posible este evento un ano máis.
Grazas
Pablo Rodríguez, artista multidisciplinar e ex-alumno do Aquis, soubo sacarlle a rapazada de 4º ESO a creatividade necesaria para realizar uns marabillosos FANZINES.
Esta actividade está enmarcada dentro do Proxecto interdisciplinar “Poesía para pasear o mundo” e vén complementar unha morea de actividades feitas ao longo do curso, como os obradoiros coas poetas Arancha Nogueira e Rosalía Fdz. Rial
Vaia programazo de radio fixo O noso alumnado!!!
Déixovos aquí o enlace ao programa que fixo rapazada de 2º e 3ª ESO despois de días de traballo.
Porque para chegar a este FANTÁSTICO resultado primeiro tiveron que…
coñecer o significado da palabra ACTIVISTA
descubrir ACTIVISTAS que deixan pegada nas nosas vidas
coñecer como se fai UNHA ENTREVISTA
INVESTIGAR e pocurar INFORMACIÓN
construír a. ESCALETA do programa e
GRAVAAAAAAR
E velaquí o resultado:
https://go.ivoox.com/rf/86082742
https://go.ivoox.com/rf/86081025
https://go.ivoox.com/rf/86080795
Os libros acompáñannos, divírtennos, ensínannos, lévannos de viaxe, despertan os nosos sentimentos, fannos medrar…
Pode ser de poesía, de teatro, contos de misterio, de medo, de amor…
Ou divulgativos e informativos
OU….. o que sexa,
Só tes que buscar e atoparás a túa compañía
E así llo fixo saber o alumnado de teatro do Aquis aos viandantes que chegaron a pasar pola praza.
E de paso, recordaron que mañá 23 de abril é o Día do libro
Hoxe no AQUIS os libros foron os protagonistas.
O alumnado do 1º ciclo da ESO seguiu O CAMIÑO DOS LIBROS para procurar as historias que nacen da súa imaxinación.
Xa veredes, que linduras crearon…..
Esta foi unha das actividades, ademais:
Os mozos e mozas da materia de teatro de 1º bacharelato saíron á rúa pra facer unha PERFORMANCE LITERARIA
O profesorado comezou cada sesión coa lectura dun poema, conto, texto divultativo…
Porque hoxe, como mañá, como onte, como sempre, os libros son protagonistas.
Hoxe visitounos a poeta Rosalía Fernández Rial; con ela, o alumnado de Teatro de 1º bacharelato puido comprobar como a poesía tamén é acción, expresión corporal, movemento…
Agardamos que pronto poidan pór en práctica o aprendido
O alumnado de 2º e 3º da ESO implicouse activamente no proxecto Activistas polo mundo que queremos.
Estas son as imaxes das gravacións das distintas reportaxes para o programa de radio. Foron distintas investigacións arredor do feminismo, o medio ambiente e contra o discurso de odio.
Foi unha xornada ben interesante que mesturou seriedade con risas, nervios e algunha que outra toma falsa ben divertida.
Un día máis volvemos coas lecturas compartidas. Blanca e Mirian leron uns fragmentos d’ A casa de Mango Street, de Sandra Cisnerospara o alumnado de 3º e de 4º da ESO.
A autora estadounidense, de orixe mexicana, móstranos a través da mirada infantil da narradora a desigualdade das mulleres na sociedade americana; unha desigualdade que se fai máis evidente se ademais a muller é de orixe latina.
Xa podedes pasar pola biblio. Chegaron os exemplares da próxima lectura.
Co corazón cheo de forza e o o arrecendo de Londres e de Betanzos que nos trouxo a avoa Virtudes de Xesús Fraga, esa muller valente, forte, atrevida; trasunto de moitas mulleres galegas da posguerra que tiveron que abrir un camiño na emigración para superar a vida de miseria que lles ofrecía a súa terra, comezamos, hoxe, con moita ilusión unha nova lectura: Pazo de inverno, de Alberto Lema. Que nos deparará?
Hoxe, a HORA DE LER foi unha homenaxe a Rosalía. As rapazas de 2º bacharelato do Club de lectura compartiron as palabras e os versos de Rosalía co alumnado de 3º e 4º da ESO. Case ao mesmo tempo, o alumnado de Plástica 4º da ESO colocaba nun lugar ben visible do centro, o corredore central unha pintura de Rosalía traballada por eles coa dirección artística de Antonieta, a profe.
A nosa pequena homenaxe.
A BIBLIOTECA está presente no proxecto interdisciplinar “Rapazas emprendedoras na ciencia” no que están implicados os departamentos de Matemáticas, Tecnoloxía, Física, Bioloxía, Educación Plástica e Lingua galega.
Unha exposición que pretende poñer en valor AS CIENTÍFICAS DO FUTURO.
Estas son as caras que nun futuro moi próximo veremos como médicas, odontólogas, físicas…, o que ELAS decidan ser.
Aquí vos deixamos unha pequena mostra da presenza da muller no ámbito científico.
As científicas do AQUIS CELENIS deixan semente.
Parabéns e os mellores desexos para as científicas do futuro.
Pois si! Botábadelo en falta?
Pois xa temos aquí o 1º programa deste curso (e non será o último)
Conducido e deseñado polo noso fantástico Equipo de Dinamización Lingüística
Escoitade!
Deixámosvos o enlace ao blog do Equipo
O pasado xoves, o alumnado de 4ºESO escorrentou o frío ao abeiro da poesía da man de Arancha Nogueira
Este venres tivemos o 1º encontro no club de lectura de prof@s.
Lemos, falamos, fixemos crítica, comemos e compartimos opinións arredor de SIBILA, o libro escollido para comezar o noso recén estreado club de lectura de prof@s.
Ía acompañarnos a súa autora, Rosa Aneiros, mais tivo que suspender o encontro por problemas persoais. Mágoa! Facíanos moita ilusión.
Verémonos noutra ocasión, con certeza; pois os libros de Rosa son sempre ben recibidos no Aquis.
Agora, imos pola segunda lectura: Virtudes (e misterios) de Xesús Fraga
Este mes a nosa mesa temática xira arredor da “violencia de xénero”:
Unha pequena mostra de libros para que non pechemos os ollos ante o problema
A forza das palabras contra a forza bruta
contra a intoleracia machista.
Ademais, dentro das actividades programadas, Blanca, Sara, Mirian e Adriana déronlle voz a Carla, unha das protagonistas da novela de An Alfaya, O grupo.
Carla, testemuña dos malos tratos que súa nai recibiu de seu pai e, vítima tamén, é quen de verbalizar o ocorrido como un primeiro paso para superar as secuelas que estes actos lle deixaron
Mirade!, que artistas temos no Aquis!
Realizaron estes marcapáxinas na materia de Educación Plástica para a tarefa interdisciplinar do 25N, dentro do proxecto “Por 365 días de igualdade”.
Os lemas foron extraídos pola rapazada de 1º e 3º ESO a partir do traballo textual realizado na materia de Lingua galega con poemas e cancións.
Déixamosvos un resumo do que foi o 25 de novembro no AQUIS.
O vídeo recolle as charlas informativas que realizou o alumnado da materia de 2ºESO de Igualdade. Isto non é máis que o resumo do que foron as actividades e tarefas realizadas dentro do Proxecta “Por 365 días de igualdade” que pretendía afondar de maneira global e transvesal no tema. No vídeo recóllese o froito do traballo realizado na materia de Lingua galega en 1º e 3º ESO, na materia de Coeducación e Música de 1º de Bacharelato, en TICs e Educación Plástica de 4ºESO.
Un gran parte do alumnado se viu implicado, ben como parte activa no proxecto, ben como receptores do traballo. Sen esquecer, que atravesamos as portas do Aquis para saír a rúa e falar co pobo de Caldas.
Outro ano máis o Aquis di NON Á VIOLENCIA DE XÉNERO
Aínda que xa levan case dous meses de lecturas e encontros, aínda non vos mostráramos as imaxes.
Aquí temos o noso club lector debullando e compartindo as páxinas de Santoamaro, o último libro de Antonio Manuel Fraga.
Queres unirte?
Aproveitando estas noites que nos regalou novembro o CLUB DE CIENCIA DO AQUIS viaxou ata o observatorio astronómico de Cotobade.
Que marabilla!
Botade un ollo!
Mirade cantas cousiñas novas temos!
A música que acompaña o vídeo está feita por alumnos e alumnas do noso centro.
Os libros da biblioteca viaxan ás casas das rapazas e rapaces de 1º da ESO. As nosas mochilas comezan o camiño para acompañar ás familias nun momento de lectura compartido.
Durante 1 semana cada alumno e alumna do primeiro curso poderá gozar de literatura, música, material de divulgación…
Ah! E tamén levan un caderno para que poidades deixar os vosos comentarios. Que saibades que as vosas opinións nos interesan moitísmo porque así podemos ir modificando o contido e asegurarnos de que vos guste moito máis.
Desfrutade!”
Hoxe, durante a Hora de ler, os rapaces e rapazas de 1º e 2º da ESO pasaron un pouquichiño de medo. E a cousa non era para menos! Pois 4 rapazas de 1º de bacharelato (coñecidas colaboradoras da nosa biblio) entraron, de sorpresa, nas aulas. Apagaron as luces e as persianas e, cunha lanterna fixéronnos viaxar a distintos mundos a través da lectura: ao medio dun bosque, a unha funeraria e mesmo fomos acompañando un enterro.
Para este terrrrrorífico momento, Laura Moure e Lucía escolleron dous pequenos contos: “Sobre da morte de Bieito” de Dieste e “O caso do extraño empregado”, de Agustín Fernández Paz.
Inés Blanco e Catuxa Rodríguez, fixéronnos tremer cun conto de María Canosa, do seu libro de relatos Cando cae a luz
Outra mostra máis de que camiñamos cara á normalidade: Volvemos a encher as nosas aulas de libros e volve a hora de ler.
Como?
Pois como xa viñamos facendo, de maneira individual e completamente libre todo o alumnado da ESO estará lendo á mesma hora aquilo que lle preste: un conto, un poemario, un libro de ciencias ou de historia, uns enigmas, unha investigación… o que queira.
Cando?
Unha hora á semana seguindo o noso horario de xeito rotatorio; é dicir: comezamos o luns á primeira hora; na seguinte semana o luns á 2ª hora… e así durante 32 semanas
E cando comezamos?
Xa. O primeiro luns de outubro, o día 4.
Desfrutade da lectura!
Lede, lede…!
E este curso imos pouquiño a pouco achegándonos á normalidade. Xa podes solicitar os teus libros na biblioteca e pasar a recollelos pola xanela. O mesmo que fas para ir buscar o bocata á cafetería: bocata e libro. Alimento! Umm!
Iso si, seguimos mantendo unha orde. Os da ESO poderedes vir durante o primeiro recreo e os da Bacharelato, no 2º.
Veña. Bulide
Corre, fai un poema, mantén o equilibrio mentres recitas, crea palabras, rompe a sintaxe… divírtete mentres recitas, dedordenas e recreas os poemas de Xela.
Aquí vos deixamos este videopoema que fixo Lara, de 1º bacharelato.
Este mes, a pesar das restricións Covid, ven cargadiño de actividades.
Para comezar, os rapaces e rapazas de 3º ESO contactaron coa autora María Solar, con quen mantiveron unha conversa ben interesante – e ben acaída- sobre o seu libro “Os nenos da varíola”.
Os rapaces e rapazas de 4º ESO participaron nun obradoiro de creación visual con Olloboi e outro sobre youtube e xénero con Illa Bufarda.
O alumnado de 4º ESO que teñen Educación Plástica puideron ademais compartir ideas co ilustrador Héitor Picallo, autor do libro “As Letras Galegas en caricatura”
E, finalmente, non podería faltar as actividades arredor da poeta homenaxeada: XELA ARIAS.
Un concurso, unha xincana, un paseo sonoro, un programa de radio… canta poesía no AQUIS.
Para ti que tes a regra, para ti que non a tes, para ti que falaches algunha vez do tema, para ti que nunca falaches…
Un programa para todo aquel que queira escoitalo e que desmonta mitos e tópicos sobre o tema. Creado e guionizado polo grupo LGTBI do Aquis. Escoitade este programa tan interesante
https://tiesaquis.wordpress.com/2021/05/05/programa-2-grupo-lgbt-igualdade-aquis-a-regra/
Unha vez máis o noso alumnado degustou a poesía e divertiuse creando e recreando poemas con Carlos Negro. Este ano, ademais, aproveitando que temos radio, fixéronlle unha entrevista ben interesante. Escoitade!
https://aquisfalamos.wordpress.com/2021/04/17/carlos-negro-no-aquis/
Aínda que este ano non se puido facer a xa tan celebrada Semana da ciencia en colaboración cos outros centros de ensino de Caldas, o alumnado do AQUIS non deixou pasar a oportunidade de mostrar e compartir con todos nós o seu saber científico, que é moito e moi interesante.
Son moitas as formas de celebrar a existencia do libro -elemento fundamental nas nosas vidas-. No Aquis o profesorado realizou unha lectura expansiva. En todas as aulas, nalgún momento do día, escoitáronse fragmentos literarios e non literarios que mostraron a importancia dos libros na adquisición do saber e da cultura.
Xa case se está convertendo nunha visita habitual no centro. Será polo ben que o pasan con el e coa súa poesía os nosos rapaces e rapazas?
Desta vez foi o alumnado de 3º ESO quen tivo o pracer de compartir con el as súas habilidades poéticas e as súas creacións.
E os nosos reporteiros e reporteiras tamén o entrevistaron para a radio.
Blog de Lengua y Literatura -3º ESO IES Miguel Catalán (Zaragoza)
Actividades complementarias e extraescolares. IES AQUIS CELENIS
Blog do EDLG do IES Aquis Celenis
Blog da Biblioteca do IES Aquis Celenis