Autor/a: iescaldasletras

Blog da biblioteca do IES Aquis Celenis de Caldas de Reis

Novos espazos

A pesar de que seguimos agardando a desexada ampliación da biblioteca, imos buscando pequenas solucións para o reducido espazo.

Os XOGOS trasládanse ao corredor.

No corredor inferior colocamos un andel para as NOVIDADES e as exposicións de libros

No corredor inferior tedes un novo PUNTO DE LECTURA

O ACUARIO, volve a ser espazo de estudo e traballo despois de que estes últimos cursos e convertera en aula de debuxo

Advertisement

8 de marzo (todos os días do ano)

É sempre preciso recordarlle ao noso alumnado os nomes daquelas mulleres que contribuíron a que hoxe sexamos estudantes, mestras, médicas, xuízas, condutoras, ferreiras, artesás, avogadas…, VISIBLES E PRESENTES na vida.

Pero tamén é preciso recordar que aínda queda moito por facer e que nunca se debe permitir un paso atrás.

Os libros están aí pra mostrárnolo, para recordárnolo.

A Biblioteca saca ao corredor unha selección dos fondos que recollen biografías ilustradas, poemarios, contos, ensaios… de mulleres imprescindibles na nosa historia.

Pasade, botade un ollo e, se vos presta, solicitádeos en préstamo para levar para a casa

Que diría Rosalía?

Se vivise hoxe, a poeta do Sar de seguro que lle poría voz aos refuxiados e refuxiadas, ás vítimas da violencia de xénero, ás persoas afectadas polos desafiuzamentos das súas vivendas, ás traxedias no mar Mediterráneo, aos afectados polas moitas guerras…

Hoxe, máis de un século despois, os problemas sociais son en moitos casos os mesmos.

Este ano, seguindo a proposta de AELG, e o lema CUMPRIUSE A XUSTIZA, o noso alumnado púxose no lugar de Rosalía e, a través das súas palabras, déronlle voz a todos e todas as afectadas polas inxustizas sociais.

VELAQUÍ AS SÚAS PROPOSTAS xunto cun recital músico-poético realizado polo alumnado do CLUB DE LECTURA

Tíralle da lingua

Moito nos gusta no Aquis traballar a oralidade. E á nosa rapazada tamén: pásao ben e goza coa lingua.

E ademais, acabamos sendo recoñecidos cun dos premios do concurso que organiza a AS-PG. Que máis podemos pedir?

Parabéns a todos os participantes, pero sobre todo a Ingrid, de 3º da ESO, gañadora do 2º premio