concursos

Tíralle da lingua

Moito nos gusta no Aquis traballar a oralidade. E á nosa rapazada tamén: pásao ben e goza coa lingua.

E ademais, acabamos sendo recoñecidos cun dos premios do concurso que organiza a AS-PG. Que máis podemos pedir?

Parabéns a todos os participantes, pero sobre todo a Ingrid, de 3º da ESO, gañadora do 2º premio

Advertisement

Inspiraciencia

Desde a Biblio do Aquis animámoste a participara na convocatoria do X Concurso de relatos de inspiración científica Inspiraciencia, unha iniciativa que conta coa colaboración da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG) e que relaciona ciencia e escritura dun xeito lúdico, un espazo aberto para pensar e imaxinar a ciencia desde a ficción. O seu obxectivo é fomentar un achegamento ao pensamento científico, de forma libre e persoal, a través da creación literaria, e explorar realidades antes non imaxinadas.

O certame conta cunha única modalidade competitiva: Relato curto dunha extensión máxima de 800 palabras. e unha das categorías está reservada a xente moza de 12 a 17 anos (é dicir, menores de 18 anos na data de peche do prazo de presentación de relatos, o vindeiro 7 de xuño).

Velaquí as bases: https://www.aelg.gal/resources/upload/2020-XInspiracienciaBases.pdf

Toda a información en: https://inspiraciencia.es/gl/