Actividades

Xela Arias en Ferven as ondas

Moito nos gusta aos celenos e celenas a autora a quen lle dedicaron as Letras galegas.

Por iso, ademais do paseo sonoro que nos facía deambular polos seus poemas,

as rapazas e rapaces de 1º ESO fixeron este fantástico programa,

dunha xincana que poñía a proba os nosos coñecementos sobre ela…

un especial de Ferven as ondas dedicado a ela: XELA ARIAS

Escoitade!

https://tiesaquis.wordpress.com/2021/06/01/xela-21-programa-de-radio-de-1o-eso-ferven-as-ondas/

MAIO: MES DAS LETRAS

Este mes, a pesar das restricións Covid, ven cargadiño de actividades.

Para comezar, os rapaces e rapazas de 3º ESO contactaron coa autora María Solar, con quen mantiveron unha conversa ben interesante – e ben acaída- sobre o seu libro “Os nenos da varíola”.

Os rapaces e rapazas de 4º ESO participaron nun obradoiro de creación visual con Olloboi e outro sobre youtube e xénero con Illa Bufarda.

O alumnado de 4º ESO que teñen Educación Plástica puideron ademais compartir ideas co ilustrador Héitor Picallo, autor do libro “As Letras Galegas en caricatura”

E, finalmente, non podería faltar as actividades arredor da poeta homenaxeada: XELA ARIAS.

Un concurso, unha xincana, un paseo sonoro, un programa de radio… canta poesía no AQUIS.

DÍA DO LIBRO

Son moitas as formas de celebrar a existencia do libro -elemento fundamental nas nosas vidas-. No Aquis o profesorado realizou unha lectura expansiva. En todas as aulas, nalgún momento do día, escoitáronse fragmentos literarios e non literarios que mostraron a importancia dos libros na adquisición do saber e da cultura.

A poesía con Carlos Negro

Xa case se está convertendo nunha visita habitual no centro. Será polo ben que o pasan con el e coa súa poesía os nosos rapaces e rapazas?

Desta vez foi o alumnado de 3º ESO quen tivo o pracer de compartir con el as súas habilidades poéticas e as súas creacións.

E os nosos reporteiros e reporteiras tamén o entrevistaron para a radio.