ACTIVIDADES INFORMATIVAS

Navegación segura e pegada dixital

E seguimos con conferencias ben interesantes no Aquis. Desta volta tocou o tema da navegación segura. Nun momento no que os adolescentes desenvolven unha boa parte da súa vida diaria a través da rede, ofrecerlles información sobre as maneiras máis seguras de moverse por internet é crucial.

A intensidade da participación ben demostra o seu interese no tema.