Sin categoría

Que diría Rosalía?

Se vivise hoxe, a poeta do Sar de seguro que lle poría voz aos refuxiados e refuxiadas, ás vítimas da violencia de xénero, ás persoas afectadas polos desafiuzamentos das súas vivendas, ás traxedias no mar Mediterráneo, aos afectados polas moitas guerras…

Hoxe, máis de un século despois, os problemas sociais son en moitos casos os mesmos.

Este ano, seguindo a proposta de AELG, e o lema CUMPRIUSE A XUSTIZA, o noso alumnado púxose no lugar de Rosalía e, a través das súas palabras, déronlle voz a todos e todas as afectadas polas inxustizas sociais.

VELAQUÍ AS SÚAS PROPOSTAS xunto cun recital músico-poético realizado polo alumnado do CLUB DE LECTURA

Advertisement

PERFORMANCE LITERARIA

Os libros acompáñannos, divírtennos, ensínannos, lévannos de viaxe, despertan os nosos sentimentos, fannos medrar…

Pode ser de poesía, de teatro, contos de misterio, de medo, de amor…

Ou divulgativos e informativos

OU….. o que sexa,

Só tes que buscar e atoparás a túa compañía

E así llo fixo saber o alumnado de teatro do Aquis aos viandantes que chegaron a pasar pola praza.

E de paso, recordaron que mañá 23 de abril é o Día do libro

VOLVEMOS!!

E este curso imos pouquiño a pouco achegándonos á normalidade. Xa podes solicitar os teus libros na biblioteca e pasar a recollelos pola xanela. O mesmo que fas para ir buscar o bocata á cafetería: bocata e libro. Alimento! Umm!

Iso si, seguimos mantendo unha orde. Os da ESO poderedes vir durante o primeiro recreo e os da Bacharelato, no 2º.

Veña. Bulide