Os nenos da varíola

“Aumentar” a biblioteca: compartir os códigos QR

Para todas aquelas biblioteca que queiran “aumentar” o libro Os nenos da varíola, de María Solar, compartimos os códigos QR do traballo realizado neste proxecto polo alumnado.

Podedes descargalos  aquí: produto2_biblio_aumentada_xornadas

OS DEREITOS DOS NENOS E NENAS

En colaboración coa Fundación Amigos de Galiza e en relación co traballo realizado arredor do libro de María Solar “Os nenos da varíola”, o alumnado de Ética e Filosofía do Dereito de 1º Bach gravou un vídeo recordando a Declaración de los Derechos del Niño  e a Convención sobre los Derechos del Niño de ámbito internacional.

 

OS NENOS DA VARÍOLA. A LACTACIÓN MATERNA

Na obra “Os nenos da varíola”, no capítulo dous e tres aparece Candela; unha muller queLACTANCIA se ofrece para aleitar un neno do hospital da Coruña. Isto levounos a unha reflexión sobre o aleitamento nos últimos oitenta anos en España.

O alumnado de 4º ESO recolleu datos das súas familias para elaborar unha táboa con datos por épocas desde 1930 ata 2010. Os nenos e nenas criados por medio do aleitamento presentan un mínimo na época dos 70 que corresponde coa bibliografía consultada. Alén diso, fixéronse pescudas sobre a  conveniencia do aleitamento materno e achouse unha recomendación do Servizo Galego de Saúde que é o texto ao que existe ligazón por medio do código QR ao capítulo tres do libro. Prema aquí para acceder ao contido.

OS NENOS DA VARÍOLA. TRADUCIÓNS AO PORTUGUÉS

As linguas son o noso instrumento de comunicación, unha ferramenta da que dispomos para achegarnos á sociedade en xeral, e á cultura lusófonoa, en particular alén de constituír un símbolo de identidade. É, por iso polo que, amais de ler a obra “Os nenos da varíola” de María Solar e de comentar a obra na aula, decidiuse complementar esa formación traducindo unha pequena parte do libro ao português.
Son moitos os rapaces que cursan esta materia no centro, polo que non só exerceron de tradutores do epílogo, a parte correspondente á realidade histórica do traslado da vacina e erradicación da doenza senón que axudaron aos seus compañeiros de Lingua e Literatura Galega a ter uns coñecementos sobre a Lingua de Pessoa ou Saramago.
Grazas as similitudes lingüísticas puxeron en práctica as estruturas sintácticas, léxicas galegas e, incrementaron o seu coñecemento noutra lingua romance.
Despois da lectura e comentario da obra, realizaron a tradución, tiveron nocións básicas de fonética, fonoloxía ou gramática do português grazas á colaboración da auxiliar de conversa,  Marina Gonçalves; e, posteriormente, realizouse a gravación por partes e a súa posterior edición.
Finalmente, engadiuse un código QR para realzar as posibilidades da lingua e da literatura, da tradución literaria e do beneficio que nos achegan os avances e adiantos tecnolóxicos na pedagoxía e na docencia actual.
Os grupos de 4.º de ESO do IES Aquis Celenis conseguiron establecer novamente o pasado glorioso galego-português como nexo de unión adquirindo amor pola lingua, colaborando cos compañeiros e exercendo de docentes dos mesmos, mellorando as súas capacidades tecnolóxicas e sendo conscientes de que a lectura é o mellor soporte para promover todas as competencias educativas.
Podes escoitar aquí os audios:

Podes ver aquí os textos:

OS NENOS DA VARÍOLA. A MÚSICA DOS NENOS

Na materia de Música de 3.º ESO partimos de que a maior parte do alumnado lera o libro en 2.º da ESO, polo que tiñan coñecementos da historia e das personaxes. A súa vez, aproveitamos que no currículo da materia no referente a melodías, tiñamos intención de traballar con escalas pentatónicas (empregadas en parte nalgunhas zonas de Sudamérica).

Por unha banda, a historia do libro desenvólvese na parte final no continente americano polo que, a partir de aí establecemos o vínculo. En grupos de 4 ou 5 alumnos e alumnas, crearon melodías con arranxos co uso desas escalas; estruturas sinxelas ternarias.

O proceso final foi crear unha letra, aludindo ao libro. Neste proceso, entre todos escollemos tres composicións instrumentais-vogais e gravámolas.

Posteriormente, creamos un código QR para poder vincular os audios coa idea de imprimilos e integralos nos libros que  dos que dispoñemos no centro.

Pasa o teu lector de códigos se desexas escoitar as creacións do alumnado.

 

OS NENOS DA VARÍOLA. A EXPEDICIÓN BALMIS: SEU PERCORRIDO POLO MUNDO

expedición BalmisNeste vídeo, elaborado pol@s alumn@s de 4.º ESO – B, preténdese crear un mapa explicativo a través do que un futuro lector da obra “Os nenos da varíola” poderá visualizar a viaxe que emprenderon arredor do mundo pola Expedición Balmis.

A inicios do século XIX, co obxectivo de  expandir a vacina da varíola , o médico X. Balmis iniciou unha viaxe que o levará polos territorios españois de América e Asia entre 1803e 1806.

OS NENOS DA VARÍOLA. GUÍA DE LECTURA


O galego aumentado

guialectura.png

Dende a materia de Lingua e literatura galegas consideramos que, para acabarmos cos prexuízos que segue a haber cara á lingua galega, cómpre que decote nos impliquemos en proxectos interdisciplinares que poidan resultar atractivos para o alumnado pola súa modernidade, que ofrezan un tratamento integrado das linguas e que permitan unha metodoloxía baseada en traballo por proxectos e na aprendizaxe cooperativa. Todo isto foi o que nos permitiu desta volta a lectura da obra Os nenos da varíola de María Solar.   Ver máis…

O alumnado quere explicárvolo coas súas voces, aquí

E podedes ver un exemplo do resultado aquí:

OS NENOS DA VARÍOLA. A IMPORTANCIA DAS VACINAS

a importancia das vacinas

O alumnado de 1ºESOA traballou a importancia das vacinas e das vacinacións. Como resultado deste proxecto elaborouse un vídeo no que se fai fincapé na importancia que tivo o labor emprendido pola medicina no século XVII e os logros que foron acadados por esta. Podedes ver o seu resumo neste vídeo. E acceder a el directamente desde o móbil escaneando este código QR.

PROXECTO “A REALIDADE AUMENTADA DESDE A BIBLIOTECA ESCOLAR”

fotoportadaA biblioteca do Aquis toma a testemuña dunha longa tradición de traballos por proxectos que xa existía no centro.

Este curso decidiu coordinar un proxecto chamado “A realidade aumentada desde a biblioteca escolar”. Así,  implicáronse 9 departamentos que traballaron algúns dos contidos do currículo ccorrespondente a partires da lectura do libro “Os nenos da varíola” de María Solar.