Club de lectura

Que diría Rosalía?

Se vivise hoxe, a poeta do Sar de seguro que lle poría voz aos refuxiados e refuxiadas, ás vítimas da violencia de xénero, ás persoas afectadas polos desafiuzamentos das súas vivendas, ás traxedias no mar Mediterráneo, aos afectados polas moitas guerras…

Hoxe, máis de un século despois, os problemas sociais son en moitos casos os mesmos.

Este ano, seguindo a proposta de AELG, e o lema CUMPRIUSE A XUSTIZA, o noso alumnado púxose no lugar de Rosalía e, a través das súas palabras, déronlle voz a todos e todas as afectadas polas inxustizas sociais.

VELAQUÍ AS SÚAS PROPOSTAS xunto cun recital músico-poético realizado polo alumnado do CLUB DE LECTURA

Advertisement

Prof@s. Club de lectura

Xa podedes pasar pola biblio. Chegaron os exemplares da próxima lectura.

Co corazón cheo de forza e o o arrecendo de Londres e de Betanzos que nos trouxo a avoa Virtudes de Xesús Fraga, esa muller valente, forte, atrevida; trasunto de moitas mulleres galegas da posguerra que tiveron que abrir un camiño na emigración para superar a vida de miseria que lles ofrecía a súa terra, comezamos, hoxe, con moita ilusión unha nova lectura: Pazo de inverno, de Alberto Lema. Que nos deparará?

SIBILA NO CLUB DE LECTURA

Este venres tivemos o 1º encontro no club de lectura de prof@s.

Lemos, falamos, fixemos crítica, comemos e compartimos opinións arredor de SIBILA, o libro escollido para comezar o noso recén estreado club de lectura de prof@s.

Ía acompañarnos a súa autora, Rosa Aneiros, mais tivo que suspender o encontro por problemas persoais. Mágoa! Facíanos moita ilusión.

Verémonos noutra ocasión, con certeza; pois os libros de Rosa son sempre ben recibidos no Aquis.

Agora, imos pola segunda lectura: Virtudes (e misterios) de Xesús Fraga