Exposicións

8 de marzo (todos os días do ano)

É sempre preciso recordarlle ao noso alumnado os nomes daquelas mulleres que contribuíron a que hoxe sexamos estudantes, mestras, médicas, xuízas, condutoras, ferreiras, artesás, avogadas…, VISIBLES E PRESENTES na vida.

Pero tamén é preciso recordar que aínda queda moito por facer e que nunca se debe permitir un paso atrás.

Os libros están aí pra mostrárnolo, para recordárnolo.

A Biblioteca saca ao corredor unha selección dos fondos que recollen biografías ilustradas, poemarios, contos, ensaios… de mulleres imprescindibles na nosa historia.

Pasade, botade un ollo e, se vos presta, solicitádeos en préstamo para levar para a casa

Advertisement

NOVEMBRO: O PRESTIGE

Neste mes, BIBLIOTECA sumouse ás actividades deseñadas para recordar o accidente do Prestige.

A nosa rapazada, que aínda non nacera, puido coñecer de primeira man, a través dos organizadores da cadea humana como se vivira no centro os meses posteriores ao afundimento do barco.

O alumnado de 1º bacharelato asistiu á función de NEVERMORE, o espectáculo con que Chévere recorda a catástrofe.

Este mesmo alumnado foi o que serviu de guía da exposición para o alumando da ESO.

Que importante á dar a coñecer a nosa historia

8M: Compartindo lecturas

Un día máis volvemos coas lecturas compartidas. Blanca e Mirian leron uns fragmentos d’ A casa de Mango Street, de Sandra Cisnerospara o alumnado de 3º e de 4º da ESO.

A autora estadounidense, de orixe mexicana, móstranos a través da mirada infantil da narradora a desigualdade das mulleres na sociedade americana; unha desigualdade que se fai máis evidente se ademais a muller é de orixe latina.

ROSALÍA. Sementando pensamentos

Hoxe, a HORA DE LER foi unha homenaxe a Rosalía. As rapazas de 2º bacharelato do Club de lectura compartiron as palabras e os versos de Rosalía co alumnado de 3º e 4º da ESO. Case ao mesmo tempo, o alumnado de Plástica 4º da ESO colocaba nun lugar ben visible do centro, o corredore central unha pintura de Rosalía traballada por eles coa dirección artística de Antonieta, a profe.

A nosa pequena homenaxe.

11 de febreiro: “A muller na ciencia”

A BIBLIOTECA está presente no proxecto interdisciplinar “Rapazas emprendedoras na ciencia” no que están implicados os departamentos de Matemáticas, Tecnoloxía, Física, Bioloxía, Educación Plástica e Lingua galega.

Unha exposición que pretende poñer en valor AS CIENTÍFICAS DO FUTURO.

Estas son as caras que nun futuro moi próximo veremos como médicas, odontólogas, físicas…, o que ELAS decidan ser.

8 de marzo

Aquí estivemos. A nosa pequena achega desde a biblioteca: unha selección de material bibliográfico que demostra, que aínda que silenciadas, as mulleres contribuímos a crear a historia, a arte, a literatura, a filosofía… Porque, aínda que silenciadas, formamos parte desta sociedade. E si, fai falta recordalo cada día.