Hoxe, durante a Hora de ler, os rapaces e rapazas de 1º e 2º da ESO pasaron un pouquichiño de medo. E a cousa non era para menos! Pois 4 rapazas de 1º de bacharelato (coñecidas colaboradoras da nosa biblio) entraron, de sorpresa, nas aulas. Apagaron as luces e as persianas e, cunha lanterna fixéronnos viaxar a distintos mundos a través da lectura: ao medio dun bosque, a unha funeraria e mesmo fomos acompañando un enterro.
Para este terrrrrorífico momento, Laura Moure e Lucía escolleron dous pequenos contos: “Sobre da morte de Bieito” de Dieste e “O caso do extraño empregado”, de Agustín Fernández Paz.
Inés Blanco e Catuxa Rodríguez, fixéronnos tremer cun conto de María Canosa, do seu libro de relatos Cando cae a luz





