Benvidas e benvidos a este curso tan atípico.
Debido ás estrañas circunstancias que estamos vivindo, a biblioteca non estará accesible para o alumnado; mais isto é só referido ao espazo físico, pois segue a compartir os seus fondos con toda a comunidade educativa.
E como?
Moi fácil. Non tes máis que enviar un e-correo a iescaldasletras@gmail.com no que conste o teu nome e apelidos, curso e grupo e o título e autor do libro. A persoa encargada da biblioteca levaracho á aula.
Lembra que podes dispoñer del 15 días, renovables a outros 15. Despois, o libro volverá á biblioteca seguindo o mesmo procedemento.
Bótalle un ollo ao vídeo sobre a organización do curso. Tamén se explica o funcionamento da biblioteca.
Ah, e se tes suxestións que facernos, emprega a mesma canle.
Ánimo. E aproveitade para ler